Xuñ 052008
 
No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra 
no meio do caminho tinha uma pedra.
CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro (1978): Obra completa, I (Madrid: Akal editor)

Luís Emilio Batallán
Arredemo

 Posted by at 17:50

  2 Responses to “Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro”

  1. Fálovos dende un colexio (como alumno deste),
    este poema entrounos nun exame de lingua galega e literatura.
    O poema en xeral está bastante ben pero as versións cantadas son un pouco… aburridiñas.
    En definitiva… esta ben para poder reflexionar un pouco sobre a época, pero para que entre no exame… (creo q me descontou moitos puntos por culpa del) jejej.

  2. Para o alumno do IES Pedras Rubias: aínda que isto chegue con tanto atraso que probablemente xa sexas ex-alumno, como nunca é tarde para disfrutar da poesía, busca unha versión que fixo o grupo de rock Astarot. Seguro que non a atopas tan aburrida 😉

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)