Mai 292009
 

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia

Xoán Rubia

 Posted by at 20:53

  5 Responses to “A Rosalía. Manuel Curros Enríquez”

  1. Temos un agasallo para Son de poetas.
    Saúdos.

  2. Gústame moito este blog. Descubrino por casualidade buscando poemas xa que dei galego este ano na Universidade de Alacante.
    Un saúdo dunha alacantina!

  3. Bonito blog !

  4. Vivo moi loxe da terra. Non os podo poñer con xente, porque choro

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)