A lingua tiveran. Eduardo Pondal
A lingua tiveran
por lingua d’escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos.
Dos propios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras,
de servos e ilotas.
Deixaran os doces
acentos jocundos
por estrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.
A nai, afrigida
da escura miseria,
os propios tomara
por gente estrangeira,
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.
Pondal, Eduardo (1995). Poesía galega completa. Vol. I: Queixumes dos pinos. Edición de Manuel Ferreiro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións.
Xocaloma (1978)