Eu en ti. Celso Emilio Ferreiro

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Versión de Suso Vaamonde

Versión de A Quenlla
Versión de Uxía
Cristina Pato + Mutenrhoi. nova pestana ou xanela

 

 

A Quenlla
Uxía
Cristina Pato & Mutenrhoi

3 replies on “Eu en ti. Celso Emilio Ferreiro”

  1. Anonymous on

    A min encantame este poema desde logo sen dúbida ningunha é o mellor de todos os que creou este gran poeta…

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *