Nov 062009
 

¿Como foi?… —Eu topábame fora
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos,
revolveu cara a min os seus ollos.
Non me viu… e chorou… ¡ai!, xa os tiña
ceguiños de todo.

Non me acordo que tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
sin vida nos brazos…

Volvoreta de aliñas douradas
que te pousas no berce valeiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
qué foi do meu neno.

Curros Enríquez, Manuel (1992): Poesía galega completa. (Vigo: Ed. Galaxia)

Meiga do Norte

 Posted by at 21:26

  4 Responses to “¡Ai!. Manuel Curros Enríquez”

  1. Grazas Lucía, pola túa amabilidade.

  2. Moita tristura nestas verbas, pero é a realidade.

  3. tremendo blog!! Co voso permiso paso a enlazalo dende o meu. Saudiños!!

  4. Que desastriño! Levaba sen entrar no meu blog case un ano! Teño que actualizalo pero xa!

    @s agradecid@s aquí somos MEIGA DO NORTE, o meu grupo compostelán de música rock. Que nos fixerades un oco neste blog significa moito. Este tema nunca falta nos nosos concertos e non deixa de emocionarme cada vez que o canto. Creo que é a canción máis difícil de interpretar que cantei en moito tempo. Póñenseme os pelos de espeto sempre que a canto, ten unha letra… GRAN CURROS!

    Graciñas a vós, esta iniciativa de blog adicada á nosa cultura paréceme estupenda. E mirade o que son as casualidades da vida, que atopei a gravación neste blog de Paulina Ceremuzynska, coa que me levo formando xa ano e medio. Gran profesional da voz, por certo.

    A miña máis sinceira noraboa por este traballo. Ogallá algún día coincidamos.

    Unha aperta para todo o equipo de traballo.

    _Lucía da Fonte_

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)