Acción Gallega (Hino). Ramón Cabanillas

¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,
Iadróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.

Ramón Cabanillas (1979) Obras completas, I (Madrid: Akal Editor)

Xenreira (1997)
Miro Casabella (1977)
Xerardo Moscoso (1977)

Nao

Xenreira
Miro Casabella
Xerado Moscoso

6 replies on “Acción Gallega (Hino). Ramón Cabanillas”

  1. Fermoso poema de Ramón Cabanillas, loitador nato dos nosos dereitos, de unha Galicia sin asoballos,reivindicando así o orgullo galego. ¡Ergámonos sin medo!
    ¡Que o lume da toxeira
    envolva na fogueira
    o pazo siñorial!

    Un agarimoso saúdo.

  2. Anonymous on

    este poema é moi bonito, que reinvindica a Galicia revolucionaria, que nos defende…ten moito ritmo…deféndenos a nós os galegos

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *