Fiandeiriña delgada. Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010

—FIANDEIRIÑA delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.
—Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.
—Algo se ha de prender
i a fé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Pilocha (1978)
Miro Casabella (2004)

 

Pilocha

5 replies on “Fiandeiriña delgada. Uxío Novoneyra”

  1. Penso que todos nos o longo do camiño…aprendemos e discerninos…e tamén nos namoramos.
    Quédome con:

    ” Algo se ha de prender
    i afé que tiñas razón
    que eu estábache mirando
    sin deñar que encantenón
    íbame indo namorando.”

    Unha aperta.

  2. Anónimo: Uxío Novoneyra é o poeta do Courel e das súas xentes. Recolle aquí unha tradición popular, a de fiar.
    No poema dialogan, a modo de regueifa, unha moza fiandeira e un mozo que acaba confesando o seu amor por ela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *