No bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra

A Branca-Petra do Courel

NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

Novoneyra, Uxío (1981): Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Uxía nova pestana ou xanela

Uxía
Na Virada. Voz, Mª Xosé Villar.

20 replies on “No bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra”

  1. Boas! Son unha rapaza que estou buscando alguns poemas de Uxío Novoeyra, e namoreime deles! Este é un dos meus preferidos, xa que ese poema cortiño e curioso é o que o fai tan especial. Moitos saudos da vosa nova amiga Raquel!

  2. Uxía prepara un novo traballo sobre versos de Novoneyra. Este é un pequeno adianto que lle agradecemos. Na canción de Uxía aparecen estoutros versos, tamén de Os Eidos:

    CANTA o cuco cala e canta
    dos castiñeiros do val.
    Pasa o tempo e non di nada
    e volta o cuco a cantar.

  3. Paréceme fermosísimo esta versión de Uxía de “No bicarelo” e gustaríame aproveitalo para unha presentación para o blog da Coordinadora de ENDL de Redondela. Podería baixalo dende aquí en mp3? Non sei como facelo.
    Parabéns polo voso traballo: é unha verdadeira xoia.

  4. Grazas Eva, pola visita e polo comentario. Para descargares o audio debes de ir a Subscríbete (no menú superior) e alí encontrarás o feed (a nosa semente) enriquecido con FeedBurner. Despois de cada entrada verás unha ligazón co último arquivo de audio. Para futuras versións podes subscribirte por correo e recibirás un correo electrónico coas novidades do blog e unha ligazón ao arquivo de audio. Un saúdo.

  5. Anonymous on

    A ver, o poema está ben, só que é moi curto e, como consecuencia diso, a canción faise repetitiva. De todas formas valoro o traballo destas persoas, porque é unha grande letra e a cantante ten moi boa voz.

  6. Anonymous on

    Como se poden ter dúas sensibilidades tan abertamente distintas sobre este precioso poema como as que se mostran nestas dúas interpretaciòns de Uxía e Na Virada? Uxía está tan lonxe da terra que non pode transmitir o que non entende, nin é brasileiro, nin é galego. O poema non é curto, está cheo de mensaxe, só hai que interpretalo, e iso dáo o coñecemento da terra á que foi adicado: O Courel.

  7. Ola, veño de atopar este site e fico sorprondido de ver que lle atribuides a Uxía a interpretación do tema. Pois non, a que canta é María Xosé Villar, ex-Muxicas e Na Virada.
    Espero que corrixades o erro.
    Xico de Carinho, autor da música de “No Bicarelo”

  8. Grazas, Xico, pola túa aportación. Un dos reprodutores de audio non funcionaba correctamente, resultaba confusa a información. Realmente recollemos dúas versións do poema de Uxío: a versión de Na Virada (engadimos a túa precisión: voz de María Xosé Villar) e a versión de Uxía que incluíu no seu traballo Meu canto co título “o cuco a cantar”.

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *