No niño novo do vento. Álvaro Cunqueiro

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.

Xoel López nova pestana ou xanela (2009)
Milladoiro. (2008) Voz, Laura Alonso
Astarot nova pestana ou xanela (2000)
Amancio Prada  (1987)


Luís Emilio Batallán (1975)

20 replies on “No niño novo do vento. Álvaro Cunqueiro”

  1. Anonymous on

    Cada intre que escoito esta canción sinto unha profunda saudade. Viuvo en Madrid e voto moito de menos Galiza.

    Un saudo

  2. Anonymous on

    Estamos no colexio vendo estes poemas e son preciosos porque che axudan a reflexionar.

    Parabéns!

    Alumnas do I.E.S. Urbano Lugrís(Malpica)

  3. Anonymous on

    Cando escoito este velido poema, con música e sen ela, sinto unha gran ledicia no meu interior. Penso que este clásico perdurará ao longo de toda a historia literaria galega. Nada máis que engadir, sinxelamente incomparable.

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *