Xan 142011
 

N-unha pupila azuada
Vin tremer a Amor-meniño:
era sobr’ a frol d’ o liño
Unha bágua d’ a Rosada,

Coma un amante a unha amada,
Amor etérmo -¡quimeira!-
Xurou â frol d’ a liñeira
A lágrima d’ a orvallada.

Mais… d’ a Aurora ô crarexar,
Eis qu’ o Fado separar
Quixo o que Diós axuntara:

A frol d’ o liño esfollouse…
E a lagrimiña tornouse
Aos ceios, donde morara…

Iglesia Alvariño, Aquilino (1986), Señardá en Poesía Galega Completa (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

Batital (2010) En

 Posted by at 22:51

  3 Responses to “Amor. Aquilino Iglesia Alvariño”

  1. Gracias Mar,polo maravilloso blog. Animamos aos grupos galegos a que lle den música aos fermosos poemas que temos na nosa terra.Apertas a todos.

  2. oooooo k bonito e este poema encantame e a musica e oreciosa enorabuena;)

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)