Feb 192011
 

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de malenconía
camiñaban na alas do vento,
_ _ _ i o lamento
_ _ _ repetía:
“Vou morrer e non ven ó meu ben!”

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
“Quen pudera dar volta _pensaba_,
quen pudera convosco voar!…”

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
_ _ _ sólo os ventos
_ _ _ repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”

Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!…

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
_ _ _ unha cova
_ _ _ nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

Curros Enríquez, Manuel (1992): Poesía galega completa. (Vigo: Ed. Galaxia)

Rosa Cedrón e Cristina Pato nova pestana ou xanela(2010)

Uxía nova pesta ou xanela(2008)

Maite Dono nova pestana ou xanela (2001)

Los Tamara (1991) Voz, Pucho Boedo.

Astarot

Uxía e Kepa Junkera 

Evoéh

 Posted by at 13:00

  3 Responses to “Cántiga. Manuel Curros Enríquez”

  1. Este blog gústanos moito. Por eso tedes un agasallo no noso blog

  2. Deixamos un agasallo para vos no noso blog. Podedes pasar a recollelo:-)
    saúdos desde Malpica
    http://bemilladoiro.blogspot.com

  3. Moitas grazas á bibliotecadocole do CEIP de Quintela (Moaña) e á biblioteca.milladoiro.malpica do CEIP Milladoiro de Malpica, polos seus cariñosos regalos e por mostrarnos nos seus “andeis”.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)