Mar 052011
 

Miniñas da Cruña,
d’ amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade gallego.

Cand’ é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade gallego.

Pondal, Eduardo (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)

María Manoela (1977)

Juan Pardo

 Posted by at 13:49

  2 Responses to “Falade gallego. Eduardo Pondal”

  1. a cancion non coincide coa letra

  2. Anonimo: observa que non reproducimos “as letras das cancións” senón o poema que despois versionan os diferentes intérpretes. Grazas pola túa visita e polo comentario.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)