Abr 082011
 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Rosalía de Castro (1993) Follas Novas (Vigo: Galaxia)

Taru e os Paxaros Coiro (2010)

Amancio Prada (2005)


Luz Casal e Carlos Núñez (2004)


Astarot (2000)

Versión de Najla Shami

Versión de Evoeh

Coro Cántigas da Terra nova pestana ou xanela

(texto da primeira edición)

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m’ asombras,
Ô pe d’ os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ ês ida
N’o mesmo sol te m’ amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d’ o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m’ abandonarás nunca,
Sombra que sempre m’ asombras.

Rosalía de Castro (1982) Follas novas, edición facsímil da primeira (A Coruña: Gráficas do Castro/Moret)

 Posted by at 10:00

  10 Responses to “Cando penso que te fuches. Rosalía de Castro”

  1. poema moi profundo,…

  2. Xoán,

    O poema é un dos meus favoritos :). Moitas felicidades polo blogue: é magnífico. As cantigas escollidas son fermósisimas e non me canso de escoitalas. Unha aperta dende Oslo.

  3. Queremos agradecer a inciativa de Sempre en Galiza que puxo na rede a versión do coro Cántigas da terra gravada nun vinilo (Regal SEDL 19.270) do ano 1961. Garzas.

  4. Miguel, encantados pola sintonía.

  5. A verdade é que agradécese ter un repertorio tan grande de música da terra a nosa disposición. Non sei se istes agradacementos pagan o traballo que hai detrás do bloque pero seguro que axuda un pouco a seguir traballando nel.
    Ánimo e a seguir facéndoo igual de ben. Saúdos moi cordiais dende Guinea.
    (non se poden escoitar tódo-los días que se non entra a nostalxia moi pronto 🙂

  6. SEMPRE ME GUSTOU MOITO ROSALÍA DE CASTRO PERO ADEMAIS LER O POEMA COA MÚSICA DE FONDO DE LUZ CASAL PONME OS PELOS DE PUNTA. UN SAÚDO.

  7. A MIN GUSTAME A VERSION QUE FIXERON OS TAMARA http://listengo.com/n.php?c=8u685520443
    AQUI VOS DEIXO A LIGAZON PARA ESCOITALA.

  8. Grazas polas visitas e pola suxestión.

  9. Magnífico traballo e magnífico blog, mais botei en falta a versión do grupo Astarot.

  10. Anónimo, recollemos a túa suxestión e incorporamos a versión do grupo Astarot. Grazas.

 Leave a Reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)