Cando penso que te fuches. Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

Rosalía de Castro (1993) Follas Novas (Vigo: Galaxia)

Taru e os Paxaros Coiro (2010)

Amancio Prada (2005)

http://literaturagalega.as-pg.gal/ficheiros/elemsMultimedia/2407/Negra_sombra1.mp3
Luz Casal e Carlos Núñez (2004)

http://literaturagalega.as-pg.gal/ficheiros/elemsMultimedia/2408/Negra_sombra_Luz1.mp3
Astarot (2000)

Versión de Najla Shami

Versión de Evoeh

Coro Cántigas da Terra nova pestana ou xanela

(texto da primeira edición)

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m’ asombras,
Ô pe d’ os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ ês ida
N’o mesmo sol te m’ amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d’ o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m’ abandonarás nunca,
Sombra que sempre m’ asombras.

Rosalía de Castro (1982) Follas novas, edición facsímil da primeira (A Coruña: Gráficas do Castro/Moret)

10 replies on “Cando penso que te fuches. Rosalía de Castro”

  1. Xoán,

    O poema é un dos meus favoritos :). Moitas felicidades polo blogue: é magnífico. As cantigas escollidas son fermósisimas e non me canso de escoitalas. Unha aperta dende Oslo.

  2. Anonymous on

    A verdade é que agradécese ter un repertorio tan grande de música da terra a nosa disposición. Non sei se istes agradacementos pagan o traballo que hai detrás do bloque pero seguro que axuda un pouco a seguir traballando nel.
    Ánimo e a seguir facéndoo igual de ben. Saúdos moi cordiais dende Guinea.
    (non se poden escoitar tódo-los días que se non entra a nostalxia moi pronto 🙂

  3. Anonymous on

    SEMPRE ME GUSTOU MOITO ROSALÍA DE CASTRO PERO ADEMAIS LER O POEMA COA MÚSICA DE FONDO DE LUZ CASAL PONME OS PELOS DE PUNTA. UN SAÚDO.

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *