Contra a morte o amor que vai comigo. Lois Pereiro

Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.

xullo, 95

Lois Pereiro (1995), Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Santiago de Compostela: Edicións Positivas)

Alexandro González e Uxía Senlle (2009)

Alexandro González & Uxía

One reply on “Contra a morte o amor que vai comigo. Lois Pereiro”

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *