Tres segundos

Tres segundos de memoria bastarían para abrir a caixa de Pandora

tres segundos de memoria bastarían para temer a vitoria dunha sombra

Tres segundos de memoria bastarían para queimar na lareira a nosa historia

Tres segundos de memoria bastarían para tecer coas cinzas matrioscas

para gardarte nelas e non abrirte

A memoria é un preludio do esquecemento

A memoria é unha escusa para olvidar

Tres segundos de memoria bastarían para queimar na lareira a nosa historia

Tres segundos de memoria bastarían para tecer coas cinzas matrioscas

para gardarte nelas e non abrirte

pra soterrar o medo a que devores os meus labirintos 

A memoria é un preludio do esquecemento

A memoria é unha escusa para olvidar

Tres segundos de memoria

Tres segundos de memoria

Tres segundos de memoria

Tres segundos, tres segundos

de memoria

A memoria é unha escusa para olvidar

A memoria é un preludio do esquecemento

A memoria é unha escusa para olvidar

A memoria é unha escusa para empezar

Parra, Celia (2009) No berce das mareas (Silleda: Fervenza)


Versión da banda da Loba

A banda da Loba e Celia Parra ao vivo en Youtube

3 replies on “Tres segundos”

Deixa una resposta a Carme Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *