Que lle podo ofrecer a quen me intente. Lois Pereiro

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente?:
días contados de paixón inerte
e amor eterno sempre compartido
coa débeda obrigada a unha existencia
amortizada en pagos usurarios
conxugando os verbos vivir e amar
en primeira persoa do plural
reducidos ás formas do presente.

¿Que lle podo ofrecer a quen me intente
se son un fío solto da esperanza
tecida e destecida
por Penélope?

Pereiro, Lois (1995), Luz e sombras de amor resucitado, (Positivas: Santiago de Compostela)

Versión de Alexandro González

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *