Deus. Ricardo Carvalho Calero.

Deus
Pola veira do mare, os meus ollos nos teus,
as miñas maus nas túas, un día camiñamos.
As froles da ilusión, en rescendentes ramos
se abrían no meu peito.
Mais non quixo Deus.

As rosas, ó teu paso, murchábanse de envexa;
mais, abaleiro, as ondas facían seu arrulo,
e hastra os sinos de prata da recantada eirexa
tecían con mais alma seu sôroso capulo.

Do horizonte sereo no azuado confín
frolecía a Marela Frol do Cestial Xardín;
eu sentín nos meus ollos os fondos ollos teus

e cabaleiro da Ilusión,
ô Sol das túas olladas se abreu meu corazón
com’un cravel bermello…
Mais non o quixo Deus.

Carvalho Calero, R.

2naFronteira

One reply on “Deus. Ricardo Carvalho Calero.”

  1. Carmen Penim on

    Moitas grazas polo voso fermoso e incansable traballo en prol da nosa cultura e as nosas letras. Sodes unha xoia. Obrigada

Deixa una resposta a Carmen Penim Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *