Teño unha dor. Ricardo Carvalho Calero.

Teño unha dor que me canta no peito
como unha rula en gaiola fechada.
Ela me fai arrincarme do leito
pra facer versos á lus da alborada.
Fun cazador incansable de estrelas
fixen con elas licor de ilusión.
O meu brasón son estrelas marelas
no campo roxo do meu corazón.
Miña canzón, miña dor latexante
é bolboreta do lume brilante
da outa fogueira da malenconía
das acedumes da vida trunfante.
Miña dor canta e eu déixoa que cante
porque sei ben ha finar algún día.

Carvalho Calero, R.

Versión de 2 na fronteira. Se queres escoitala, preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *