Luísa Sorriso. Ricardo Carvalho Calero.
Sorri-me, Luísa Sorriso.
Sempre ela está silenciosa,
pra non desfacer, falando,
o triángulo da sua boca.
Qué ben debe de saber
a améndoa da tua faciana,
mollada en mel do teu pelo.
¿Deixas-me probá-la?
Pero ti, sempre a sorrir,
calas.
Como unha fotografía
de ti mesma, silenciosa.
pra non desfacer, falando,
o triángulo da tua boca.
O triángulo da tua boca
forman-no duas gueivotas.
Duas, voadoras
e roxas.
Por un ceu de nubes brancas
e rosa,
voan,
unha porriba da outra.
Polo ceu da tua faciana.
Unha paira;
a outra
leva ergueitas as asas.
Paxareiro é o teu siléncio,
Luísa Sorriso, que as garda.
O cazador dunha verba
pode matá-las.
Carvalho Calero, R. (1934) O silencio axionllado
Unha grande descuberta todas as versións musicadas dos poemas de Carvalho Calero.
Moitas grazas por continuar con esta magnífica iniciativa de Xoán Díaz, hoxe e sempre entre nós.
Unha grande descuberta todas as versións musicadas dos poemas de Carvalho Calero.
Moitas grazas por continuar con esta magnífica iniciativa de Xoán Díaz, hoxe e sempre entre nós.
Moitas grazas por manter vivo o legado de Xoán e facelo medrar. Parabéns e Feliz día das Letras! Obrigado.
Gostei de todos os poemas musicados na honra de Carvalho!
A mellor homenaxe a Xoán é continuar coa súa iniciativa, grazas!
Prezado tesouro herdaron as nosas letras grazas a Carvalho Calero. Hoxe é un gran día para render homenaxe ao seu importante labor e compromiso coa nosa cultura. Que mellor maneira que a través desta interesante iniciativa! Gostei inmensamente de descubrir a súa obra e poder acceder ás versións musicadas. Moitas grazas. Un cordial saúdo.