Buenos Aires. Ricardo Carvalho Calero.

Buenos Aires,

A rua da Florida.

Unha negra pequena, mui formoso vestida.

Que chocolate, para merenda de brancos.

¿Quen é o teu amo?

Escrava de pasadas de raíña,

Nos teus beizos de grosella jaz o selo

Do teu lume de trebón e manígua

Luxosísima estrela de ébano na noite nídia.

A doce anja de ceu, de sol, de nácar

Perante a tua finura é ordinaria.

O estancieiro no leito de quen te estilicas,

Marcou-te co seu ferro, juvenca elegantísima.

Que ídolo de trebas sibilinas

Para unha procesión de días alapados.

Dos teus altos cadris cai sobre o asfalto

A música ondulante das flautas serpentinas.

Carvalho Calero, R.

Xardín Desordenado.

Se queres escoitar esta versión, preme aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *