Quezais. X. M. Díaz Castro.

Non sei por que me deron esta mañá vidrada
Chea de alas de pomba.
Foi, se cadra, un grande anxo esquencido que tivo
dó destes ollos cansos.

Non sei por que me deron esta tarde tan cenza
cunha fonte no medio.
Quezais nunha batalla sin nome oieu a Virxe
voz que Ela conocera.

I esta noite baixiña con mil ventás acesas,
e baixo dela un leito!
Quezais Deus, tendo dó da noite que hai en min,
variou soles e mundos…

Díaz Castro, X. M. (1961), Nimbos

2nafronteira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *