Avenida Atlántica. Manuel Rivas.

Agardo a vinganza do mar.
O mar volvéndose con ollos de tolo cara terra.
O mar burbullando no oco negro dos sartegos.
O mar chamando ás portas da cidade.
O mar cos beizos secos.
O mar percorrendo a distancia nun puño.
O mar só como un solo de jazz.
Un paxaro cego.
Un cabalo azul a beber nos espellos.
O mar.
Afogando o meu corazón, un peixe abisal
[eléctrico e antigo.
Levándome como un animal adormecido na area.
Lonxe de vós, contra vós, o mar.

E nesa onda que escacha no coído pronunciaremos a nosa declaración de amor eterno confundido por estes instantes de tolemia. Tan nosa, tan deles.

Contra vós, o mar.

May day, mayday mayday!
Pan-pan, pan-pan, pan-pan!
Securité, securité, securité!

Rivas, M., (1986), Mohicania

Avenida Atlántica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *