Muñeira rebelde. Celso Emilio Ferreiro

Muiñeira rebelde
Baila Galicia, baila
ailalelo, ailalalo…
E Galicia bailóu
perante centos de anos
un baile sometido
ao son que lle tocaban
as gaitas dormideiras
i os pandeiros sonámbulos.
Mais istes tempos tristes
son tempos xa pasados.
Xa rematóu a festa,
agora non bailamos
nin o ailalelo,
nin o ailalalo,
que bailamos a danza
dos libres homes bravos:
testa erguida, voz rexa,
duro andar, firme paso,
camiño do futuro,
brazo con brazo,
todos xuntos
cantando.

Ferreiro, C. E. (1969), Terra de ningures.

Se queres escoitar a versión de Tabula Rasa, preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *