Cidade cemiterio. Miguel Anxo Fernán-Vello.

Un autobús pasa,
Iluminado cara á noite
E os viaxeiros son un perfil remoto no silencio.
Lenta progresión das horas,
Trazando as fatigadas formas da tristura
Nos suburbios medra
A sombra dunha máquina
E o durísimo óxido que aniñou nos invernos
De repente respira
E doe todo o seu peso,
Batendo nas esquinas
A cidade é un inmenso cemiterio,
Brillando entre a néboa.
Os veciños do mundo
Rozan a miseria
E a saudade é un regreso
Ao corazón da naúsea
Un remuíño de voces
Extínguese no ar,
Grave melancolía que roza a pel do medo.
As casas teñen a luz dos remorsos,
A ferida antiga de todas as penurias”

Fernán Vello, M. A. (2004), Territorio da desaparición.

Xardín Desordenado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *