Esta lenta misiva que che escribo. Luz Pozo Garza.

Esta lenta misiva que che escribo.
Esta carta onde asumo brisas de soidade.
Este nome de muller, este río.
As aves que me chegan e aportan túa menxase.
Este ensoñar a rosa do exterminio.
Este exilio, esta morte, este submiso amor idéntico a ti mesmo.
Este espazo de teu.
Esta paixase.
Esta carta ou poema ou primavera
Esta ausencia, este agardar sen término.
Esta vida igual a un libro evanescente
Que non se pode abrir, que nin se abre

Pozo Garza, Luz, (2009). Deter un día cunha flor

Xardín desordenado. Para escoitalo, preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *