Cada noite eu chorando pensaba. Rosalía de Castro.
Cada noite eu chorando pensaba
Cada noite eu chorando pensaba:
que esta noite tan grande non fora,
que durase…, e durase… antretanto
que a noite das penas
me envolve loitosa…
Mais a luz insolente do día,
costante e traidora,
cada amañecida
penetraba radiante de groria
hastra o leito donde eu me tendera
coas miñas congoxas.
Desde entonces busquéi as tiniebras
máis negras e fondas,
e busquéinas en vano, que sempre
tras da noite topaba ca aurora…
Só en min mesma buscando no oscuro
i entrando na sombra,
vin a noite que nunca se acaba
na miña alma soia.
Castro, Rosalía de (1863), Cantares gallegos.