¿Quen non xime? Rosalía de Castro.

Luz e progreso en todas partes… pero
As dudas n’os corazós,
E vagoas qu’un non sabe por que corren,
E dores qu’un non sabe por que son.

Outro cantar din cansados
D’este estribilo os que chegando van,
Nun-ha nova fornada, e qu’andan cegos
Buscando o qu’inda non hay.

¡Reprobos!… sempre ô oculto perguntando
Que mudo nada vos di.
Buscade á fé, que se perdeu n’a duda
E deixade de xemir.

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *