Ódiote, campo fresco. Rosalía de Castro.

Ódiote, campo fresco,
cos teus verdes valados,
cos teus altos loureiros
i os teus camiños brancos
sembrados de violetas,
cubertos de emparrados.

Ódiovos, montes soaves
que o sol poniente aluma,
que en noites máis sereas
vin ó fulgor da lúa,
i onde en mellores días
vaguei polas alturas.

E ti tamén, pequeno
río cal n’outro hermoso,
tamén aborrecido
es antre os meus recordos…
¡Porque vos amei tanto,
é porque así vos odio!

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *