Amores cativos. Rosalía de Castro.

Amores cativos

Era delor i era cólera,
era medo i aversión,
era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!
Que hai uns negros amores de índole pezoñenta
que privan os espritos, que turban as concencias,
que morden si acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *