Tal como as nubes. Rosalía de Castro.

Tal como as nubes

que impele o vento,

i agora asombran, i agora alegran

os espazos inmensos do ceo,

así as ideas

loucas que eu teño,

as imaxes de múltiples formas,

de estranas feituras, de cores incertos,

agora asombran,

agora acraran

o fondo sin fondo do meu pensamento

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *