Diredes d’estos versos, y é verdade. Rosalía de Castro.

Diredes d’estos versos, y é verdade,
Que tên estrana insólita armonía,
Que n’eles as ideas brilan pálidas
Cal errantes muícas
Qu’estalan por instantes
Que desparecen iña,
Que s’asomellan â parruma incerta
Que voltea n’o fondo d’as curtiñas,
Y ó susurro monótono d’os pinos
D’a veira-mar bravía.

Eu direivos tan sô, qu’os meus cantares
Asi sân en confuso d’alma miña,
Como sai d’as profundas carballeiras
Ô comezar d’o dia,
Romor que non se sabe
S’é rebuldar d’as brisas,
Si son beios d’as frores,
S’agrestes, misteirosas armonías
Que n’este mundo triste
O camiño d’o ceu buscan perdidas.

Castro, Rosalía de (1880), Follas Novas.

O Val das Mouras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *