Pasa, río, pasa, río. Rosalía de Castro.

Pasa, río, pasa, río,
co teu maino rebulir;
pasa, pasa antre as froliñas
color de ouro e de marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
Pasa, pasa, mais non vexan
que te vas ao mar sin fin,
porque estonces, ¡ai, probiñas,
cánto choraran por ti!
¡Si souperas qué estrañesa,
si souperas qué sofrir
desque del vivo apartada
o meu corasón sentíu!
Tal me acoden as soidades,
tal me queren afrixir,
que inda máis feras me afogan,
si as quero botar de min.
I ¡ai, qué fora das froliñas
véndote lonxe de sí
ir pola verde ribeira,
da ribeira do Carril!

Pasa, pasa caladiño,
co teu manso rebulir,
camiño do mar salado,
camiño do mar sin fin;
e leva estas lagrimiñas,
si has de chegar por alí,
pretiño dos meus amores,
pretiño do meu vivir.
¡Ai, quén lagrimiña fora
pra ir, meu ben, unda ti…!
¡Quén fixera un camiñiño
para pasar, ai de min!

Si o mar tivera barandas,
fórate ver ao Brasil;
mais o mar non ten barandas,
amor meu, ¿por dónde hei de ir?

Castro, R. (1863), Cantares Gallegos

Najla Shami


Évoeh

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *