Algúns din ¡miña terra!. Rosalía de Castro.
Algúns din ¡miña terra!
Din outros ¡meu cariño!
I este, ¡miñas lembranzas!
I aquel, ¡ou, meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i o meu cansado esprito,
adondequer que eu vaia
van comigo.
Castro, R. de (1880), Follas novas.