Nana da ausencia. Francisca Herrera Garrido.

Ao meu nunca esquecido afillado

EU NON podo cantar ao meu neno!
¡Cantar, cando choro…!
Cando corren as bágoas buscare,
seu corpiño morto…!

Cando o topan, cos beizos blanquexos,
pecahdos os ollos!
Sepultado antre rosas, no curro,
tan negro e tan fondo!
Qué hei cantar, meu probiño, se tembro,
salouco e acoro?
Se bremo coa coita, e o peito me trema,
¡se en bágoas afogo!

¡No alcontro contento, nin risas, nin xeito!
¡Delor soio atopo!
Ni apaño teus bicos; que durmen na terra…
Non canto, que choro!

Herrera Garrido, F.

2nafronteira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *