Non é xusto. Xela Arias.

Non é xusto que destroce estas veces a balazos
de confidencias.
Nin que espere que conprénda-la demanda
de certos inconclusos ademáns.
Querería de ti…¡un rito!
(Que incumpriría.)
¡Unha mentira!
(Que denunciaría.)
É por iso que reviso a teroría
e prefiro
as túas mans cando están quentes,
a túa lingua
cando non sabe de idiomas no arquipélago do meu corpo,
as túas palabras cando medran
como os vexetais (por auga e sol)
e non precisan abonos de razón.
Non é xusto
Amar unha parte de ti e abrilas todas.

Arias, Xela, (1990), Tigres como cabalos.

César Morán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *