Tigres como cabalos. Xela Arias.

Fugarme en ti,
dun mundo co que vou sempre en
guerra
metida en ti,
partiriás destas caras que te observan

e atentarías, contra os corpos do desfile
e marcharías coa esperanza no gabán;

e atentarías, contra os corpos do desfile
e marcharías coa esperanza do gabán.

Irás, dirás que virás
co acento nas nádegas punzado
Irás, dirás que virás
se resido teus setembros mato

Navego en ti,
buscando a marea no deserto
Afundo en ti,
no alento do teu corpo no meu peito

e berraría aos imperios do incerto
e perdería, a ollada no teu mar;

e berraría aos imperios do incerto
e perdería, a ollada no teu mar.

Irás, dirás que virás
co acento nas nádegas punzado
Irás, dirás que virás
se resido teus setembros mato

Se resido
os teus setembros
Se resido teus setembros mato

Arias, Xela, (1990) Tigres coma cabalos.

A banda da Loba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *