Ti poñéndote fóra da vida dos gritos. Xela Arias.

Ti poñéndote
fóra da vida dos gritos
Os tigres nos meus brazos e os renxidos
da pólvora nos dentes:
hálito de inestables presencias
que derrochei veces
en noites opacas
onde perder sentido, a noción
das voces que alimentan.

Tigres coma cabalos abrasados
coma cabelos escuadras en rebelión
renxidos:

O teu encerro calcinado

Arias, Xela, (1990), Tigres como cabalos.

Margarida Mariño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *