Luz no delirio. Xela Arias.
LUZ NO DELIRIO dos sentidos!
ee te preciso cando te agardo non vés nunca
e a suplica que molla
desfai un labio
e outro labio que espira nun silencio
compártome
sei que no lonxe das parábolas das frases
cortadas e os puntos a parte son só
medos escorrentados polo teu corpo
soberano dunha idea poderosa que
tal vez suceda e eu non saiba quen es
ti cando te agardo
unhas mimosas podres
auscultadas da xanela ó xardín
hai tantos ruidos nesta rúa…
non tinga-lo cutis
pero ven, como te agard
Arias, Xela (1986), Denuncia do equilibrio.
Granha & Amparo Malo