Madriña, eu hoxe non vou á escola. Luz Fandiño.

Madriña, eu hoxe non vou á escola.
E por que non has ir, rapaz.
Porque os rapaces da vila dinme que eu non sei falar.
Búrlanse de canto eu digo, chámanme pailoco e aldeán.
E non é que eu me avergoñe do noso doce falar,
nin de ser desta aldeíña
que é o máis fermoso lugar.
O que magoa, madriña,
cando eu lle vou contestar,
sae o maestro e me di
que deprenda eu a falar
nesa lingua que pra min
aínda é peor ca dos cans.

Fandiño, Luz.

Guille LP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *