Noiturnio IX. Eduardo Blanco Amor.

Noiturnio IX

                RONSEL DA MORTE

…apenas miudas verbas pra arumarte
baixo o chío de luz dos astros mortos.—
—¡Toma un feixe de lirios sideraes
pra que acendas no camiño longo.—

Entr’o ceo i-a terra, no feitizo
da noite pura, pol-os vieiros craros
que deixe teu vagar estrelecido,
ei-te seguir por un ronsel de pranto.

Esparexidos karmas e recordos,
nun presente afundidos, sin denantes,
ni-a inmaterialidade dos ensonos
que nos lembren as rosas do teu sangue!

En pô de luar meu corpo trasmutado
seguirá teu ronsel pol-amplo azul,
i-o pousar sobr-os teus, meus labios xeados,
os sete ceos desfaranse en luz.

Blanco Amor, E. (1928).  Romances Galegos

2nafronteira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *