Canzón pra que un neno non durma. Luís Pimentel.

Canzón pra que un neno non durma

                    Ao meu gran amigo Piñeiro

Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.
Racha cos pes
esta sábana
        de medo.
Non peches os ollos
        neno pequeño.
O vento zoa,
        non peches os ollos.
A morte
        ronda por fóra.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fóra.

Pimentel, L (1950), Triscos.

Versión de Gelria

Versión de Víctor Aneiros

Versión de Real Filharmonía de Galicia, Teresa Berganza & Antón García Abril

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *