N-aquel biduído dos bidos louzanos. Fermín Bouza Brey.

N-aquel biduído dos bidos louzanos

o páxaro Sol non pía seus raios,

e morre de amor.

N-aquel biduído dos lanzales bidos

o páxaro Sol non criba seus píos

e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus

raios e albean de frío os albres delgados

e morren de amor.

Non ceiba seus raios, non tece seus fíos

e albres e mámoas albean de frío

ca poldra que morde no mato cativo.

Bouza Brey, F. (1933), Nao Senlleira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *