Sempre verba do chan máis fondo. María Mariño.

SEMPRE verba do chan máis fondo
-ouveo marzal, pisada cega- vento!
Non te atopas no teu pero sí.
Non te atopas no de outro, pero sí.
Apañas,
Apañas en cume,
Apañas en val,
Apañas en terra-xeme-furna.
Vas apañando,
Apañas e deixas.
Cando deixas de cume, fires,
Cando deixas de val, remas.
Ouh, pro si deixas de terra, amigo!
Si deixas de terra, levas,
Levas peito que che empuxa -verba feita-,
Levas aquel día craro-longo -tempo meu-,
Levas aqueles que che escoltan,
Escoltan e non din,
Levas terra en quenturas que de ti deixaron
-cinsa que alumea-,
Levas forza que de ti che prestan,
Che prestaron.
Vento

Mariño, M. (1990) Verba que comenza

Eloi Caldeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *