Onde queda o meu camiño? María Mariño.

Onde queda o meu camiño?
Meu camiño aquil de sol enteiro,
de auga de chuvia,
de vento e loita.
Donde queda?
Derruboume e non sei del.

No me ergo.
Derruboume dinde a súa escada –miña forza-,
cuio fondo aquil que por min fala,
magóame, di
e faime.
Camiño de sol, hoxe no me quentas,
camiño meu!
No me mollas cas túas vertentes néboas de augas fartas,
no me deixas luz –faro aquil que fireu o vento-.
Para que me queres núa?
Núa de ti,
núa de ti que son.
Si algo de ti me levan
non o sei,
si me traen non teño para que darlle,
si algo oio non entendo.
Quero falar e non digo.
Ouh!
Xa no me deixa nada o vento.
Xa no me quenta o sol.
Xa no me molla a chuvia.
Son esquecida.
No me atopa a terra –peladiña en gromo-,
aquela que pareu o tempo.

Mariño Carou, M., (1990), Verba que comenza.

Eloi Caldeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *