Casoiro. Florencio Delgado Gurriarán.

Casóu don Godello
con dona Mencia
e van pór a casa
polo “Val das Viñas”.

Daquela xuntanza,
foron de padriños
a rica Viura
e o rico Caíño.

Houbo baile e foi
a millor parexa
mozo Merenzáo
i a Mociña Fresca.

A nena Garnacha
púxose bermella,
porque, o Brencelláo,
fixolle unha festa.

Co esa nena tola
que din Viciveira,
“Jerez”, o andalús,
foi de brincadeira.

I a nai da rapaza
-a Maria Ordoña-,
polo Viñaredo
andaba chorosa.
………………..
Fillo da Mencía e máis do Godello,
un neno barudo,
ledo e rebuldeiro
(dos que din as xentes:
“arde nun candieiro”),
nacéu, polo Cristo,
no mes de setembro.

Delgado Gurriarán, F. (1963), Galicia infinda.

Anxo Rei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *