Zocas. Manuel María.

Fanse zocas pechadas e chinelas
En Loentia, Duarría e Formarán.
Non hai zocas xeitosas como elas.
Ben lle caen ó pé e ben se tran!

Foron afumadas cun casqueiro.
Ó andar son ledas, cantareiras.
Aunque feitas de bido ou amieiro
son, como o vento, de lixeiras!

A gracia da abidueira
Atopou o seu destino,
Fíxose zoca chinela,
apreixa un pé femenino!

Fíxose zoca chinela
A abidueira lanzal.
Agora sobor da acera
Canta con voz musical!

A Zoca xa é canción
Delgada como asubío
Que aprendeu a abidueira
Dos merlos de xunto ó río.


Fíxose zoca chinela
A gracia da abidueira
E vai marcando na acera
os puntos da muiñeira!

Manuel María, (1954): Terra Cha


Versión de Gelria

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *