No desterro. Celso Emilio Ferreiro.

Corre, voa o paxariño
lévalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

corre, voa o paxariño
lévalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

dille que eu quero volver
e de novo nas túas rías
nalgún espello me ver
quero outear as campiñas
arrencender teus airiños
antes que poida morrer

corre, voa o paxariño
lévalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

dille que eu quero voltar
e de novo nas túas rías
as maus e ialma a lavar
quero voltar branca flor
que neste desterro maldito
estou morrendo de amor

corre, voa o paxariño
lévalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son.

Ferreiro, C. E.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *