Desde a superficie. Lois Pereiro.

Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento.
Sería a luz que me alagaba os ollos
da vida roubada á morte veciña
pero todos me apalpaban incrédulos
colléndome das mans.
todos aqueles que me amaran morto
amábanme máis vivo.
Abríranse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que se abría cara á vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanudarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe.

nadal, 94

Poemas póstumos (1992-94)

PEREIRO, L. (1995), Poesía última de amor e enfermidade

Alexandro González & Lino Braxe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *