Eu son da montaña. Eduardo Pondal.

Eu son da montaña,
probiña nacín
na terra de Xallas
mui lonxe d’aquí,
e a sorte me trougo
vivir a Tandil,
e ninguén non mundo
s’acorda de min.
Eu son galleguiña,
eu son de Castrís.

Cando vin da terra
mil bágoas vertín,
e a sorte me trougo
mui nena d’alí.
Que sorte m’espera,
probiña de min?
Levame, pamperos,
levame d’aquí.
Eu son galleguiña,
eu son de Castrís.

Non podo estas falas,
non podo sentir,
como follas duras
de ferro sutil:
esta dura terra
non é para min.
Levame, pamperos,
levame d’aquí.
Eu son galleguiña,
eu son de Castrís.

Pondal, E., Poesía galega completa.

Pondaliana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *